Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU NO SEU DESPACHO Á NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DA TERCEIRA IDADE DE SANTA ICÍA
Na xuntanza estiveron tamén presentes a primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio
Narón, 1 de setembro de 2017. O rexedor local, José Manuel Blanco, a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, reuníronse esta mañá no despacho do alcalde cos integrantes da nova directiva da Asociación da Terceira Idade de Santa Icía, presidida por Alberto Soto. Na xuntanza estiveron tamén presentes a vicepresidenta, Jesica Muñoz, a tesoureira, Ainhoa Marticorena; o secretario, Francisco Luis Larrea e un dos vocais, Julián Martínez. Os representantes da corporación local conversaron cos integrantes da entidade, aos que Blanco ofreceu a colaboración do Concello para desenvolver a súa actividade no municipio. Tanto o rexedor local como Ferreiro e Sabio, animaron aos representantes da asociación a continuar traballando para contribuír á dinamización da actividade que se desenvolve ao longo do ano na parroquia de Santa Icía. Ao termo da reunión o presidente da Asociación da Terceira Idade de Pedroso agradeceu o apoio dos representantes do goberno local e anuncioulles algunhas das propostas que plantexa o colectivo de cara aos vindeiros meses na citada parroquia naronesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal