Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE A ANGUÍA DIRIXIDAS AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, indicou que está aberto o prazo de inscrición nesta convocatoria, que terá lugar os días 25 e 26 de setembro
Narón, 7 de setembro de 2017. O concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, anunciou esta mañá a celebración, os vindeiros días 25 e 26 de setembro, dunhas xornadas sobre a anguía, dirixidas ao sector hostaleiro da cidade e enmarcadas no Club Narón Gastronómico. O edil naronés explicou que a convocatoria terá lugar en horario de tarde, nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e indicou que os hostaleiros que desexen asistir poden anotarse a través da web do Club Narón Gastronómico -http://clubnarongastronomico.naron.gal/-, do seu correo electrónico –narongastronomico@naron.es- ou chamando ao número de teléfono 607 082 232. Villamar convidou aos hostaleiros da localidade a implicarse nestas actividades dirixidas ao sector “e que lles ofrecerán novas oportunidades entre a súa clientela”. “Queriamos facer unhas xornadas sobre a anguía porque é un peixe de río e de ría que sempre abundou na ría de Xuvia, desde donde se continúa extraendo por parte das Confrarías para a súa venda”, explicou Villamar. Por esta razón, organizáronse as xornadas, nas que o chef Roberto Filgueira –do restaurante O Balado, no concello de Boqueixón- será o encargado de explicar aos asistentes as cualidades e posibilidades que ofrece a anguía nas cociñas. Así mesmo, o concelleiro naronés avanzou que na semana do 9 ao 15 de outubro haberá en Narón unha nova convocatoria, neste caso para poder degustar anguía en diferentes establecementos hostaleiros da cidade. “Os restaurantes interesados en participar, que poden tamén anotarse a través do Club Narón Gastronómico, ofertarán esa semana á súa clientela a posibilidade de degustar anguía a maiores dos menús que sirven habitualmente”, apuntou. Finalmente Villamar recordou que o Grupo de Acción Local Pesqueira concedeu unha subvención plurianual, por un importe de 42.955 euros, coa que se continuará colaborando co sector hostaleiro local e promocionando o consumo da anguía. “Desde o Concello xa estábamos traballando con esta idea, pero paralelamente recibimos esta axuda, da que se invertirán este ano 7.018 euros e tamén fondos do orzamento municipal, e o vindeiro ano os 35.937 euros restantes”, explicou o edil de Promoción Económica. “O Obxectivo é crear unha imaxe de marca para a anguía, promocionar o seu consumo, crear unha rede de establecementos para degustala… en definitiva, poñer en valor un peixe da nosa ría e colaborar na xeración de riqueza en diferentes sectores, como o pesqueiro e o hostaleiro, neste caso”, subliñou Villamar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal