Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN "A MAR A MARES" PODERÁ VERSE ATA O 14 DE OUTUBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Integrantes da Sección de Fotografía do Grupo Bazán seleccionaron unha trintena de imaxes que se poden ver no soto das instalacións, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 14 de setembro de 2017. A sala de exposicións da Biblioteca municipal –na planta do soto- acollerá a partir do 15 de setembro e ata o 14 de outubro, a exposición “A mar a mares”. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se trata da terceira mostra da Sección de Fotografía do Grupo Bazán. Está formada por un total de corenta e seis fotografías en cor e branco e negro, na que as vinte e tres persoas participantes amosan con diferentes estilos a súa visión persoal sobre o mar. As persoas interesadas en ver esta exposición poderán facelo de luns a venres, en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados entre as 10.00 e as 13.00. A Sección de Fotografía do Grupo Bazán constituíuse no ano 1994, sendo unha iniciativa de Francisco M. Costoya, que se encargou de reunir a varias persoas interesadas na fotografía e en ampliar os seus coñecementos sobre esta arte. O fotógrafo Manuel Campoy impartiu un curso de iniciación ao colectivo e ao finalizar o mesmo unha ducia de participantes continuaron reuníndose cada venres para compartir os seus avances nesta materia. O número de integrantes foi medrando ata chegar actualmente a cincuenta e nove persoas, que participaron nestes últimos anos en diversos cursos. A concelleira de Bibliotecas convidou á veciñanza a visitar esta mostra fotográfica, “na que os autores das imaxes amosan un gran nivel de coñecemento do mundo da fotografía e a través dos seus traballos, de gran calidade, permítennos ver unha trintena de imaxes con diferentes motivos relacionados co mar”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal