Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL PORÁ EN MARCHA UN CLUB DE LECTURA A PARTIR DO VINDEIRO MES DE OUTUBRO
A iniciativa diríxese a persoas a partir de 16 anos, que deben inscribirse previamente na Biblioteca municipal, tal como explicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 18 de setembro de 2017. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a posta en marcha dun Club de Lectura para persoas adultas. A iniciativa arrincará o vindeiro mes de outubro, tal e como apuntou a edil naronesa, e as persoas interesadas en asistir –teñen que ter cumpridos os 16 anos- deben inscribirse a partir do vindeiro mércores, día 20. Taibo animou ás veciñas e veciños de Narón a anotarse nesta actividade, “na que se procederá a ler de modo simultáneo un libro cada mes para, nas xuntanzas, comentar diferentes temas relacionados co mesmo”. As reunións realizaranse con carácter bimensual (unha cada quince días) e durarán hora e media, polas tardes e nun horario que se fixará no momento da presentación do Club de Lectura, convocada para o xoves 28 de setembro. As reservas de praza deben tramitarse de modo presencial na propia Biblioteca municipal –a partir do mércores 20 ás 9.30 horas- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173, no horario de apertura habitual. Terán preferencia as persoas que no momento da apertura do prazo teñan xa o carné da biblioteca, tal e como indicou a concelleira responsable da área.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal