Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "OS CARNICEIROS"
A compañía Teatrino porá en escena este espectáculo, enmarcado no Circuíto Galego de Teatro Amador e con entrada de balde
Narón, 21 de setembro de 2017. O Auditorio municipal acollerá o vindeiro domingo, día 24, a representación da obra “Os Carniceiros”, incluída no Circuíto Galego de Teatro Amador que impulsan O Aturuxo de Melpómene e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, en colaboración co Padroado da Cultura de Narón. A posta en escena, a cargo da compañía Teatrino, dará comezo ás 20.00 horas e a entrada é de balde, debendo recollerse o ticket no Auditorio o propio domingo antes do inicio do espectáculo. Un hospital de campaña é o escenario principal desta obra, na que tres cirurxáns tratan de salvar aos pacientes que chegan con feridas dunha cruenta e longa guerra. O problema é que non o conseguen e as numerosas mortes no quirófano son un misterio que se encargará de desvelar un dos soldados que protagonizan esta peza teatral. A obra diríxese a público adulto. Os asistentes terán a oportunidade de participar no sorteo de dúas entradas para un espectáculo programado no Pazo da Cultura de Narón. O Circuíto Galego de Teatro Amador finalizará o domingo 1 de outubro, coa representación da obra “Ás portas”, da compañía Paso de Valverde. Diríxese a maiores de 12 anos e tamén comezará ás 20.00 horas e será de balde a entrada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal