Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN EXTRAESCOLAR
As actividades impártense en horario extraescolar e diríxense a alumnado dos centros públicos de ensino de Narón e as súas familias, tal e como recordou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 21 de setembro de 2017. O prazo de inscrición nos obradoiros enmarcados no Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex) para o curso 2017-2018 abriuse esta mañá. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que o alumnado dos centros educativos públicos da cidade -donde se impartirán- e as súas familias son os destinatarios das propostas ofertadas a través desta iniciativa, debendo formalizarse as inscricións a través do Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Concello- ou nos propios centros, caso este último do obradoiro Reforzatic. Entre os dirixidos especificamente a educación Primaria e Infantil programáronse tres propostas. No ámbito de Coñecemento de Novas Tecnoloxías ofértanse Obradoiros de Programación e Robótica educativa, dirixidos a menores de 8 a 10 anos, que poderán iniciarse no mundo da programación. Así mesmo, haberá outros de Iniciación á lingua inglesa para Infantil e Primaria, nos que o alumnado aprenderá conceptos relacionados coa gramática, vocabulario e comprensión lectora. Finalmente, na área Académica retomarase o Obradoiro de Reforzo Escolar (Reforzatic), de reforzo educativo a través do emprego das novas tecnoloxías e no que o alumnado participa a proposta do Departamento de Orientación dos propios centros. Ao alumnado de ESO diríxese outro Obradoiro de Programación e Robótica Educativa, para nenas e nenos de 11 a 14 anos. Os adultos son tamén, xunto cos menores, os destinatarios do Obradoiro para adultos enmarcado en Promedex: Escolas de Familia: disciplina positiva e coaching familiar, que é un espazo pedagóxico no que os participantes abordarán as súas problemáticas sobre o papel de educadores, buscando posibles solucións ás mesmas. A concelleira de Ensino destacou o feito de que se trata “dunha serie de obradoiros cos que se aposta, desde o goberno local, por ofrecer ao alumnado e ás súas familias unha serie de actividades de cara a reforzar a súa educación en diferentes materias e fóra do seu horario escolar”. A edil naronesa recordou que os participantes terán que abonar unha taxa de 8,15 euros ao mes excepto no caso dos Obradoiros de Familia, que a tarifa é igual pero págase non por persoa, senón por familia, e Reforzatic, que é de balde. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata esgotarse as prazas existentes cubrindo un formulario que poden solicitar no Rexistro Municipal ou descargar da páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/promedex/solicitude.pdf. As persoas que desexen recibir máis información poden solicitala a través do Servizo Sociocomunitario Municipal ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1103 e 1111).
Descarga de archivos
Promedex 2017
Tamaño:369,58 KB
Modelo de solicitude
Tamaño:275,87 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal