Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A CELEBRACIÓN DO DÍA DOS SANTOS ANXOS CUSTODIOS
O Patrón da Policía Nacional celebrouse cunha misa na igrexa de Santa Rita e coa condecoración de oito axentes no Pazo da Cultura
Narón, 2 de outubro de 2017. A igrexa de Santa Rita de Xuvia e o Pazo da Cultura acolleron os actos programados para conmemorar o Día dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional. Ao acto relixioso asistiu a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e outros integrantes da corporación local; o comisario xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Fernando Pico; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, a xuíza decana de Ferrol, Amelia Pérez; o fiscal xefe de Ferrol, Miguel Armenteros; o almirante do Arsenal de Ferrol, Antonio Duelo e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, xunto con outras autoridades civís e militares. Finalizada a misa os asistentes dirixíronse ao Pazo da Cultura, donde se procedeu á imposición de condecoracións a oito funcionarios da Policía Nacional en recoñecemento aos seus méritos profesionais. O comisario Xefe da Comisaría Ferrol-Narón, Fernando Pico, subliñou na súa intervención que “a profesionalidade da policía está fóra de toda dúbida” e destacou a “loita e aposta decidida dos axentes pola prevención para protexer a vida, as liberdades e as garantías e dereitos dos cidadáns”. Aludiu Pico á falta de recursos humáns na Comisaría de Ferrol-Narón e marcou entre os novos retos para o vindeiro ano mellorar a formación da policía, as condicións laborais do Corpo, reducir os tempos de resposta policial e manter e mellorar na medida do posible os resultados do seu labor. O comisario agradeceu finalmente a colaboración do Concello de Narón por acoller nas instalacións do Pazo parte dos actos desta celebración. Trala intervención do comisario procedeuse a impoñer as condecoracións. A alcaldesa de Narón foi a encargada de entregar a Cruz ao Mérito Policial con distintivo branco ao Comisario de Ferrol-Narón, Fernando Pico, e tamén lle entregou a condecoración ao axente Diego Peña. O comisario xefe, o alcalde de Ferrol, o conselleiro de Política Social, o almirante Xefe do Arsenal e o fiscal xefe da Área de Ferrol entregaron as dos outros seis axentes homenaxeados no acto: Luis Francisco García, José Antonio López, Genma Durán, Jesús Blanco, Enrique Gómez e Antonio Neira. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, destacou na súa intervención o traballo dos Corpos e Forzas de seguridade do Estado, como “garantes da convivencia” e amosou a súa gratitude en xeral “aos que cumpren co seu deber dun xeito eficaz” e, en particular, “aos axentes condecorados” no acto que tivo lugar no Pazo da Cultura. O labor dos Corpos de Seguridade foi tamén valorado polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, que incidiu en que a comarca é unha das que rexistra un dos índices de criminalidade máis baixos do Estado “grazas ao voso traballo diario”. Marián Ferreiro foi a encargada de pechar o acto, felicitando na súa intervención aos homenaxeados en particular e agradecendo aos axentes da Policía Nacional o seu “intenso traballo diario para velar cada día pola nosa seguridade”. A alcaldesa de Narón valorou tamén o labor do resto de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, dos xuíces e dos fiscais. Así mesmo, a apelou á necesaria colaboración entre as administracións e subliñou a importancia da colaboración cidadá para que así Narón e a comarca continúen sendo un referente a nivel autonómico en materia de seguridade. Ferreiro ofreceu “toda a colaboración necesaria” desde o Concello de Narón para “acadar a máxima seguridade no concello e na comarca” e instou ás administracións supramunicipais a unir esforzos “para non escatimar recursos económicos e incrementar persoal e medios nos Corpos e Forzas de Seguridade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal