Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO PARA ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
O importe das subvencións deberá destinarse a programas relacionados con diferentes áreas e para poder solicitalas é preciso que estean inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás,
Narón, 4 de outubro de 2017. O Concello de Narón abrirá mañá xoves, día 5, o prazo de solicitude de subvencións dirixidas a asociacións e institucións de carácter social e outras entidades sen ánimo de lucro. A convocatoria implica destinar o importe a actuacións a programas das áreas socioeducativa, sociocultural, de igualdade, de persoas con discapacidade ou drogodependentes, de infancia, inmigración, minorías étnicas, xuventude, medio ambiente e outras que poden consultarse no anuncio publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (no enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/10/04/2017_0000008332.pdf). Para poder optar a estas subvencións é obrigatorio que as asociacións e entidades estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello de Narón, cos datos actualizados no momento de presentar a solicitude e tendo xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello, de ser o caso. As axudas poden solicitarse a través do Rexistro Municipal do Concello de Narón durante os próximos trinta días naturais (contados a partir de mañá), de luns a venres, de 8.30 a 13.30 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal