Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORAL DON DIEGO DE MUROS E A POLIFÓNICA A GAITEIRA ACTUARÁN NO CICLO TEMPO DE MÚSICA DO COUTO
O concerto terá lugar o vindeiro 22 de outubro nas instalacións do local social da Picota e a entrada é de balde
Narón, 18 de outubro de 2017. O local social da Picota, no Couto, acollerá o vindeiro domingo, día 22, unha nova xornada da vixésimo sexta edición do ciclo “Tempo de música”. A coral Don Diego de Muros e a Polifónica da Sociedade A Gaiteira, da Coruña, serán as encargadas de subirse ao escenario, a partir das 18.00 horas. A entrada ao evento, organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a AVV do Couto, é de balde. As actuacións musicais enmarcadas nesta edición de “Tempo de música” iniciáronse o pasado 1 de outubro e rematarán o día 29 deste mes. Os últimos concertos serán os do grupo “Culpables”, de Neda, e da coral “Amistad”, da AVV do Couto. O evento conta coa colaboración da Federación Coral Galega e da Deputación da Coruña.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es