Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLE MESAS DE CONVERSA EN INGLÉS PARA TRES NIVEIS DE COÑECEMENTO DO IDIOMA
As sesión impárteas unha mestra nativa os mércores e son de balde, debendo inscribirse previamente para poder asistir, tal e como recordou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 14 de novembro de 2017. A Concellería de Bibliotecas, presidida pola edil Mercedes Taibo, organizou unhas Mesas de conversa en inglés que se desenvolven nas instalacións da Biblioteca do Alto. A concelleira naronesa recordou ás persoas interesadas en asistir a esta iniciativa, donde poder practicar e mellorar o nivel de inglés, que poden anotarse na propia Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. A lista de reserva ábrese os mércores ás 9.30 para participar na mesa do luns seguinte. As clases impártense os luns e están coordinadas por unha mestra nativa, que se encarga dos tres niveis, o de Primeiros pasos e os Quitaóxidos I e II. As persoas que dispoñen duns coñecementos básicos de vocabulario e gramática poden anotarse nas clases de Primeiros pasos, que teñen lugar de 11.00 a 12.00; aquelas cun nivel medio, que poden manter unha conversa básica sobre temas concretos e ser autónomos nunha viaxe a un país anglófono deberán facelo en Quitaóxidos I, que se imparte de 17.15 a 18.15. Por último, no nivel Quitaóxidos II, de 18.15 a 19.15 horas, están aquelas persoas cun nivel máis fluído de conversación e que poden comunicarse sen esforzo. Taibo subliñou que “esta iniciativa é unha moi boa oportunidade para practicar o inglés en público e con xente que ten un nivel similar de coñecemento dese idioma” e animou ás veciñas e veciños a participar nas sesións programadas na Biblioteca municipal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal