Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O ESPECTÁCULO DE DANZA "LIBERTINO" E A OBRA "GOLDI LIBRE"
A danza flamenca e española de Marco Vargas&Chloé Brûlé poderase ver o sábado día 2 e a obra teatral da compañía Chévere o domingo 3 de novembro
Narón, 29 de novembro de 2017. A danza e o teatro centrarán esta fin de semana a actividade do Pazo da Cultura. O sábado día 2 será o turno de Marco Vargas&Chloé Brûlé, que traerán a Narón un espectáculo de danza flamenca e española: Libertino. As entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A cita con esta proposta cultural será a partir das 20.00 horas. Libertino é un espectáculo do ano 2015 que obtivo nos Premios Escenarios 2017 os concedidos á: Mellor Bailarina, Mellor Bailarín e Mellor Música Orixinal, así como o Premio Lorca 2016 ao Mellor Espectáculo de Danza. O trianeiro Marco Vargas e a canadiense Chloé Brûlé forman un equipo desde hai máis dunha década que, entre outros espectáculos, dirixe e encárgase da coreografía de Libertino, un espectáculo que fala da liberdade e no que participan outros dous personaxes: Fernando Mansilla (escritor e poeta) e Juan José Amador (cantaor). O domingo día 2 será o turno da compañía Chévere, que representará a obra Goldi Libre, enmarcada no xénero do teatro-documento. A representación, que dará comezo ás 19.00 horas, fai un repaso polos primeiros movementos de desobediencia civil que xurdiron trala Transición Española e que derivaron no encarcelamento de centos de rapaces. A memoria, a experiencia persoal e o testemuño do actor galego César Goldi –que en 1993 foi condenado a dous anos e catro meses de prisión por negarse a facer a mili e a prestación social substitutoria e que cumpriu condena nun cárcere da Coruña- centran a temática desta obra. As entradas para o espectáculo Goldi Libre teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal