Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA INAUGURARÁ O 1 DE DECEMBRO A CUNCHA ACÚSTICA DO PAZO DA CULTURA
A nova cámara de concertos supuxo un investimento que rondou os 200.000 euros, sufragados pola Deputación da Coruña e o Concello de Narón
Narón, 30 de novembro de 2017. Un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia inaugurará mañá a cuncha acústica do Pazo da Cultura. O evento enmárcase na “II Semana das Músicas do Audiovisual”, organizada pola citada orquestra e a Academia Galega do Audiovisual e na que colaboran a Deputación da Coruña e o Padroado da Cultura de Narón. O concerto comezará ás 20.30 e prolongarase durante aproximadamente dúas horas. Durante este tempo o público, que completou o aforo do Pazo, poderá gozar do espectáculo coa nova cámara de concertos. Os músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia interpretarán un completo repertorio coas principais partituras escritas en Galicia para cine e televisión nos últimos anos e de recoñecidos compositores, como Nani García ou Xabier Font, entre outros. A cuncha acústica do Pazo da Cultura supuxo un investimento de 195.198 euros, que sufragaron conxuntamente a Deputación da Coruña (80% do total) e o Concello de Narón (20% restante). As obras de instalación deste equipamento iniciáronse a mediados deste mes e tralo remate das mesmas, a partir de agora poderanse celebrar no Pazo da Cultura de Narón concertos como o da Sinfónica de Galicia, garantindo en todo momento que o son chegue coa máxima calidade aos espectadores. A estrutura é desmontable e será o persoal do Pazo o encargado de montala e desmontala, unha tarefa para a que recibiu a formación precisa e que se realiza aproximadamente nun día.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal