Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA "A POMBIÑA" ORGANIZAN UN CICLO DE TEATRO EN PEDROSO
As representacións previstas rematarán o 10 de decembro no local da entidade e a entrada é de balde
Narón, 1 de decembro de 2017. O local da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, acollerá a partir do domingo día 3, o ciclo de teatro afeccionado “I Memorial Andrés Castro”. O Padroado da Cultura colabora coa entidade na organización deste evento, que inaugurará o grupo Teatro Ultreia, de Ortigueira, que representará a obra Chicago. A posta en escena de todas as obras desta convocatoria será a partir das 19.00 horas e a entrada é de balde. A segunda das citas deste ciclo teatral será o mércores 6 de decembro, xornada na que Donas Amistad, de Ferrol, representará Hotel Don Pío. O venres día 8 será o turno do grupo de Teatro Xuvenil “A Pombiña”, de Pedroso, que porá en escena Hamlet e o día 9 de decembro Max Teatro fará o propio coa peza Cousas de matrimonio. A última das representacións deste ciclo programouse para o domingo 10 de decembro, coa obra A invitada, e a cargo do grupo de teatro “A Pombiña”, tal e como recordaron desde o Padroado da Cultura. A presidenta do Padroado, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciños a asistir a estes espectáculos teatrais, “nos que teremos a oportunidade de ver o excelente traballo que realizan formacións teatrais de Narón e tamén doutros concellos da comarca”. Ferreiro destacou a colaboración entre o citado organismo municipal e a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, “que nos axuda a contribuír achegando o teatro á veciñanza do rural un obxectivo que temos moi presente no Padroado da Cultura e que extendemos a outras entidades da zona rural e tamén do núcleo urbán”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal