Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE TURISMO ENTREGOU OS PREMIOS DO "VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
As tres imaxes gañadoras, xunto coas outras nove que obtiveron a mellor puntuación do xurado, ilustran un calendario de sobremesa editado polo Concello de Narón
Narón, 19 de decembro de 2017. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, entregou esta mañá os premios do “VIII Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. A edil desculpou a ausencia da rexedora local, Marián Ferreiro, que finalmente non puido acudir ao acto, e felicitou no seu nome e no do resto de integrantes do goberno local aos gañadores. A imaxe que obtivo o primeiro premio foi “Freixeiro Blues”, realizada por Juan Casal Mera, veciño de Ferrol, que recibirá 750 euros, e o segundo e terceiro premio foron para as fotografías “Casona San Román” (Casa da Torre) e “Vas a mirarme?”, dos naroneses Francisco Javier Rodríguez Fariñas –recolleu o premio a súa filla Blanca- e José Antonio Serantes Varela, dotados con 300 e 150 euros respetivamente. Un total de 139 fotografías presentáronse este ano ao certame no que o xurado, do que formaban parte tres profesionais da fotografía, valorou a calidade técnico artística das imaxes, a orixinalidade e o seu grao de representatividade do concello. A maiores das tres imaxes gañadoras, seleccionáronse outras nove, coas que se ilustra o calendario de sobremesa que editou o Concello para o ano 2018. Hermida agradeceu aos participantes o seu traballo, incidindo en que “dan a coñecer boa parte do patrimonio e instalacións da nosa cidade” e animounos a continuar en vindeiras convocatorias. “Algúns de vós xa participastes en anos anteriores, e iso tamén é moi importante para nós porque axudanos a que este certame se consolide no tempo”, asegurou a edil de Turismo. Nesta ocasión, ademais de veciños de Ferrol e Narón participaron persoas de Fene, Pontedeume, As Pontes e A Coruña. As doce imaxes seleccionadas –en función da puntuación do xurado do certame- para o calendario de sobremesa poden verse no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/concurso-fotografia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal