Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL APROBOU NO PLENO UNHA ADDENDA AO CONVENIO DO SERGAS PARA REAXUSTAR AS ANUALIDADES DE PAGO RECOLLIDAS NO ACORDO PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE
O Concello abonará no ano 2018 os 500.000 euros que se preveían pagar este ano debido a que o Sergas recoñeceu que non será posible rematar a tramitación do expediente de licitación das obras este ano, tal e como se requería no documento asinado por ambas administracións
Narón, 28 de decembro de 2017. A corporación local aprobou hoxe por unanimidade no pleno –iniciado ás 10.00 horas- a addenda ao convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Narón para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde na cidade. A medida responde á necesidade de reaxustar a distribución das anualidades da achega do Consistorio, tras comunicar o Sergas ao goberno local que non será posible rematar a tramitación do expediente de licitación das obras antes de finais deste ano, requisito recollido no convenio asinado entre as partes para proceder ao pago da segunda achega. En xuño de 2016 asinouse o convenio de cooperación entre o Sergas e o Concello e no mesmo contemplábase que a administración local abonaría en tres exercicios 1.460.353,95 euros. Desa contía, no 2016, concretamente no mes de decembro, pagáronse os 100.000 euros estipulados no acordo, no que se recollía un segundo pago en 2017 de 500.000 euros e os restantes 860.353,95 no 2018. Para abonar os 500.000 euros previstos este ano o Sergas debía presentar ao Concello a xustificación da publicación do expediente de licitación das obras, pero o Servizo Galego de Saúde recoñeceu que “non será posible rematar a tramitación do expediente de licitación de obras antes do remate de 2017” e apunta, polo tanto, á necesidade de proceder a redistribuír por anualidades as achegas do Concello. Deste xeito, tal e como se aprobou no pleno, os 500.000 euros pendientes de pago abonaranse no ano 2018, cando se prevé o cumprimento do citado requisito indicado no convenio, e no primeiro semestre do ano 2019 pagaranse os 860.353,95 euros restantes ou a cantidade que reste en función do valor catastral. No apartado de mocións aprobouse tamén por unanimidade a do Grupo Mixto presentada a través de ENE para instalar canalizacións para redes de comunicacións conxuntamente con outras obras. Neste apartado, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, explicou que os servizos técnicos do Concello están traballando na elaboración dun estudo sobre a viabilidade desa iniciativa, xa encargado polo goberno local. A segunda moción incluída na orde do día foi tamén presentada polo Grupo Mixto, neste caso EU, solicitando un Plan de Traballo e un protocolo de tratamento para controlar e erradicar a herba da pampa, e obtivo tamén o respaldo de todos os edís da corporación local. Pola súa parte, o PSOE presentou unha terceira moción no pleno, para a equiparación salarial entre os diferentes corpos policiais que saíu adiante. Fóra da orde do día presentaronse por vía de urxencia dúas mocións, unha do Grupo Mixto (EU) sobre o recoñecemento do Estado Palestino que se aprobou na sesión plenaria, e outra do PP sobre a revisión do sistema de Participación Cidadá que non obtivo o respaldo necesario para a súa aprobación. Ao respecto, a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que esta mesma tarde terá lugar unha reunión do Consello Xeral de Participación Cidadá –ás 20.00 horas- en cuxa orde do día, entregada a pasada semana, xa se recollen o inicio da modificación do citado regulamento e propostas plantexadas hoxe polo PP, tal e como se informou no seu día nos respectivos Consellos Territoriais, mentres que outros plantexamentos indicados forman xa parte do actual documento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal