Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA CONVOCA ÁS COMPARSAS A UNHA XUNTANZA SOBRE O FESTIVAL DE ENTROIDO
A presidenta do Padroado e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, indicou que a convocatoria será o 8 de xaneiro no Pazo e explicou que poden asistir representantes de comparsas de Narón e doutros concellos
Narón, 4 de xaneiro de 2018. A presidenta do Padroado da Cultura de Narón e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a convocatoria dunha xuntanza dirixida aos representantes das comparsas de Narón e doutros concellos para abordar as bases do festival que se celebrará este ano na cidade con motivo do Entroido. A reunión terá lugar o vindeiro luns, día 8, a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, tal e como indicou Ferreiro. A presidenta do Padroado convidou aos representantes das comparsas interesados en participar no Festival de Entroido que se organiza na cidade a acudir a esta convocatoria, donde recibirán información sobre a normativa de participación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal