Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CPR AYALA PARTICIPARON NO INICIO DAS OLIMPÍADAS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA
A Concellería de Seguridade Cidadá e Transporte Público, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, organiza esta iniciativa -na que participa alumnado de nove centros educativos da cidade- en colaboración coa Confederación Nacional de Autoescolas
Narón, 22 de xaneiro de 2018. Algo máis de medio cento de escolares de quinto e sexto curso de Primaria do CPR Ayala participaron esta mañá na primeira das actividades das Olimpíadas Escolares de Seguridade Vial 2018, organizadas polo Concello de Narón en colaboración coa Confederación Nacional de Autoescolas (Fundación CNAE). As rapazas e rapaces asistiron hoxe, a partir das 9.00 horas e en dous grupos, a unha charla impartida por Anabel Bello, auxiliar do arquivo municipal e integrante do equipo de Educación Viaria do Concello. A fase formativa está previsto que remate o 23 de marzo e participan nesta proposta, ademais do CPR Ayala, os colexios de Piñeiros, Jorge Juan, Santiago Apóstol, A Gándara, Virxe do Mar, A Solaina, Ponte de Xuvia e O Feal, tal e como apuntou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo. O edil naronés explicou que “se trata dunha iniciativa máis da área de Educación Viaria coa que tratamos de formar e concienciar aos menores nas aulas sobre cuestións relacionadas coa educación viaria e tamén co noso patrimonio cultural, complementando así a intensa actividade que nesta área se desenvolve ao longo do ano desde o Concello con diferentes colectivos, neste caso escolares”. Nas sesións, que se impartirán tamén mañá no colexio de Piñeiros –a partir das 9.00 e ás 10.00 horas- Anabel Bello, Doutora en Historia, fálalles aos escolares sobre o patrimonio cultural do Concello, analizando diferentes etapas históricas. As fábricas fariñeiras, o mosteiro do Couto, o magnolio de Xuvia… forman parte, entre outros, do contido destas sesións, sobre as que despois o alumnado deberá responder a un cuestionario para participar nas Olimpíadas Escolares de Educación Vial. Tamén haberá nas vindeiras semanas outros tres bloques formativos sobre Educación vial como peatón, ciclista e viaxeiro; Medio Ambiente e Matemáticas aplicadas ao programa de Educación Vial do Concello de Narón. A convocatoria divídese en tres fases: unha primeira de formación e realización dos cuestionarios; a segunda na que elaborarán un proxecto en forma de mural sobre seguridade viaria e que tamén será puntuado, e unha terceira e última na que se realizará un cuestionario nos centros educativos de Narón e tralo que se sumarán tódalas puntuacións das probas para coñecer aos cursos gañadores. O vindeiro mes de maio, no marco da Semana de Educación e Seguridade Viaria do Concello de Narón, realizarase a proba final no Pazo da Cultura, na que participará cada grupo de quinto e sexto de Primaria de cada centro que superase a primeira fase. Un xurado valorará ao alumnado, que opta a tres premios colectivos, para os tres grupos clasificados con máis puntos de quinto de Primaria e outros tres para os mellor clasificados de sexto de Primaria. “Con motivo do inicio destas Olimpíadas Escolares de Seguridade Vial queremos agradecer o interese amosado polos centros participantes, así como a implicación tanto do persoal docente como do alumnado e, por suposto, de todas o resto de persoas que participan nesta proposta educativa, cun marcado carácter transversal, nas que se abordan diferentes temáticas”, apuntou Sánchez Fojo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal