Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA MONICREQUES DE KUKAS REPRESENTARÁ NO PAZO "O ENCORO ENMEIGADO"
O espectáculo terá lugar o vindeiro domingo, día 28, a partir das 18.00 horas e as entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 23 de xaneiro de 2018. A compañía teatral compostelá Os Monicreques de Kukas representará o vindeiro domingo, día 28, no Pazo da Cultura, o espectáculo O encoro enmeigado. Trátase dunha peza de monicreques dirixida a público familiar e infantil, que dará comezo ás 18.00 horas e cuxas entradas se poden adquirir na billeteira do Pazo ou na web do Padroado –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 9,50 euros para o público en xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para os menores de 14 anos. O espectáculo, dirixido por Isabel Rey, ambiéntase nas Fragas do Eume e ten entre os seus obxectivos fomentar entre o público o respecto e coidado ao medio ambiente e seu entorno, a fauna, os ríos e os bosques, ao tempo que recuperar personaxes míticos da cultura popular galega. Xoaniña, unha nena alegre e rebuldeira, e Marcelino, o seu avó, son os protagonistas de O encoro enmeigado. Ante unha inesperada situación que parecía querer acabar coa fraga, Xoaniña pide axuda ao seu sabio avó que reúne aos seus amigos, os seres míticos que vivían na fraga, para facer fronte conxunta a esta situación.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es