Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO COLEXIO PONTE DE XUVIA VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Unha vintena de nenas e nenos de educación Infantil coñeceron algunhas dependencias municipais a través do programa de visitas escolares impulsado desde o Servizo Sociocomunitario municipal
Narón, 27 de febreiro de 2018. Unha vintena de alumnas e alumnos do colexio Ponte de Xuvia participaron esta mañá no programa de visitas ao Consistorio impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal. Os menores, de educación Infantil do citado centro, coñeceron algunhas dependencias municipais antes de dirixirse ao salón de plenos, donde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro. Tamén no salón de plenos as nenas e nenos tiveron a oportunidade de ver o vídeo Nara de Narón –dispoñible a través da páxina web do Concello: http://naradenaron.es/-, protagonizado por Nara, unha abella de Narón que lles explica algunhas cuestións de interese relacionadas coa cidade. Antes de ver o vídeo os menores falaron coa rexedora local e recibiron agradecidos o agasallo que lles entregou, un exemplar do libro Os Bolechas visitan Narón. A quenda de visitas escolares programadas desde o Servizo Sociocomunitario para este mes iniciouse o pasado 6 de febreiro, coa visita de alumnado do colexio Santiago Apóstol. O calendario establecido continuou o 7 de febreiro con menores do colexio Virxe do Mar e o pasado 20 de febreiro con alumnado do Jorge Juan. Entre as visitas concertadas con estes tres colexios da cidade e a que tivo lugar esta mañá, neste mes visitaron o Concello un total de oitenta e tres rapazas e rapaces matriculados en centros educativos de Narón.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es