Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE ANDRÉS SUÁREZ E O MUSICAL PETER PAN
As últimas entradas dispoñibles para estes eventos poden adquirirse a través da billeteira do Pazo e da web do Padroado da Cultura
Narón, 27 de febreiro de 2018. O cantautor Andrés Suárez actuará este sábado, día 3, no Pazo da Cultura ás 20.00 horas, donde interpretará temas do seu último álbum, “Desde una ventana”. Suárez está inmerso no tour iniciado o pasado mes de setembro, e que xa o levou a varias cidades españolas. No concerto que terá lugar o sábado o público poderá desfrutar coas catorce cancións deste álbum e tamén doutros recoñecidos temas deste cantautor, que vai xa polo seu sétimo traballo musical, no que predominan estilos como o rock, o fado e o folk. As entradas que aínda están dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 25 euros no patio de butacas; 22 na platea 1 e 18 na platea 2. Na xornada do domingo terá lugar o musical “Peter Pan”, da compañía Tertulia Producción. Trátase dun musical dirixido ao público familiar e infantil de algo máis dunha hora de duración. Peter Pan, Wendy e Campanilla protagonizarán este espectáculo, que trasladará ao espectador a un mundo imaxinario. A cita dará comezo ás 18.00 horas e as entradas –aínda quedan algunhas dispoñibles- teñen un prezo de 12 euros en venda anticipada e 15 o propio día da actuación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal