Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA OS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CUNHA MOSTRA SOBRE HILDEGART E A MESA REDONDA "COIDANDO A COIDADORA"
O Concello deseñou una ampla programación para conmemorar esta data con actos que rematarán o vindeiro 16 de marzo coa tradicional Cea das Mulleres
Narón, 1 de marzo de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, participarán o 2 de marzo xunto con representantes do Ateneo Ferrolán na inauguración da exposición de Hildegart Rodríguez, organizada con motivo dos actos do Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. Ás 11.00 horas desprazaranse á Biblioteca municipal para visitar a mostra, cedida polo Ateneo Ferrolán e que consta dun total de dezaseis paneis sobre a vida de Hildegart Rodríguez Carballeira, unha ferrolá que destacou polas reivindicacións que realizou na súa curta vida –a súa nai Aurora matouna aos 19 anos- sobre o rol da muller. A mostra permanecerá ata o vindeiro 15 de marzo na sala de exposicións da Biblioteca municipal. Tamén o 2 de marzo se celebrará na cidade, neste caso nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, a mesa redonda: Coidando a coidadora. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, presentará a convocatoria, na que se falará, entre outros temas, sobre as tarefas das persoas que exercen como coidadoras, as dificultades desta labor, o síndrome da persoa coidadora queimada e os coidados cotiáns á persoa dependente. Médicas de familia e enfermeiras do Sevizo Galego de Saúde e unha psicóloga serán as encargadas de informar aos asistentes á cita, que terá lugar entre as 17.00 e as 19.00 horas, rematando cunha quenda de preguntas. O vindeiro acto programado desde o Concello será o 7 de marzo, cun acto público a partir das 12.30 horas no que se homenaxeará institucionalmente no Consistorio ás tres Mulleres do Ano de Narón 2018: María del Carmen Fernández Merlán, Rosario Alabau Albors e Mercedes Piñeiro Cabalo, que formaron parte da primeira corporación democrática de Narón, no ano 1979. Na programación conmemorativa do 8-M figura ademais o Festival Singular En Feminino, con cinco monólogos feitos por mulleres, que se poderán ver do 8 ao 17 de marzo no Pazo da Cultura e no Auditorio municipal. Así mesmo, o 8 de Marzo iluminarase de cor malva o exterior do Pazo da Cultura e o 16 deste mes celebrarase en A Grella dos Avós a Cea-baile das Mulleres, a partir das 21.30 horas. As interesadas en acudir poden adquirir os tickets no citado restaurante, localizado na parroquia de Sedes. Desde o goberno local convídase ás veciñas e veciños a asistir aos actos programados tanto para mañá como para os vindeiros días, para celebrar os avances logrados nos últimos anos e, en certo modo, reivindicar tamén máis cambios para o colectivo feminino, en defensa dos seus dereitos e para promover a igualdade de xénero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal