Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PERSOAL DO CONCELLO RECIBE FORMACIÓN SOBRE O MANEXO DO EVACU-TRACK, OS DESFIBRILADORES SEMIAUTOMÁTICOS E EXTINTORES
Persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón encárgase de impartir as sesións, con carácter teórico e práctico
Narón, 6 de marzo de 2018. Traballadoras e traballadores do Concello de Narón participan estes días nun proceso formativo relacionado coa área de Emerxencias. Na xornada de onte dous grupos –un total de vinte persoas- realizaron un curso de Manexo do Evacu-trac, un sistema que permite colaborar nas tarefas de desaloxo de persoas con mobilidade reducida no caso de que se rexistre unha incidencia que así o requira no interior do Consistorio. A presentación da silla de evacuación, a demostración do seu funcionamento e as prácticas de evaluación completaron o contido da xornada, de 45 minutos de duración en cada unha das dúas quendas programadas –de 9.30 a 10.15 e de 10.30 a 11.15-. Persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis) encárgase de impartir esta formación, tal e como indicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo. Así mesmo, esta mañá dezaoito persoas participaban nunha sesión de Iniciación ao soporte vital básico e uso do DESA (desfibrilador semiautomático), que se ofertou á totalidade das empregadas e empregados do Consistorio. A primeira quenda tivo lugar esta mesma mañá, entre as 8.00 e as 12.00 horas e continuará mañá xoves no mesmo horario coa parte práctica; a segunda edición será o 12 e 14 de marzo –dezanove persoas- e a terceira –catorce inscritos- terá lugar entre o 5 e o 6 de abril. Para aquelas persoas que xa dispoñen do curso de Iniciación ao soporte vital básico e uso do DESA programouse unha convocatoria específica de reciclaxe, que será o 19 de marzo –están anotadas once persoas- entre as 8.00 e as 12.00 horas. A maiores, convocouse tamén un curso para persoal designado que aprenderá a manexar extintores, para capacitalos como primeiros intervintes na loita contra o lume con un extintor portátil. Vinte e cinco persoas realizarán esta sesión, de catro horas. Os principios básicos e tipos de lume, a extinción de incendios e o manexo de extintores portátiles forman parte do contido teórico, que se complementa ademais cunhas prácticas. Esta formación complementa á impartida o pasado mes de xaneiro sobre o Plan de Actuación ante Emerxencias e Primeiros Auxilios. Entre as 8.30 e as 13.45 acudiron ás sesións, impartidas tamén por persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis). Sánchez Fojo recordou que a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, é a directora do Plan de Autoprotección, mentres que o director do Plan de Actuación ante Emerxencias é o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, e o xefe de intervención será o responsable de Seguridade e Saúde Laboral do Concello, David Corral. “Con este tipo de formación tratamos de ofrecer ao persoal da administración local unha serie de coñecementos que serán primordiais ante calquera posible incidente na Casa Consistorial, pero tamén no día a día, cunhas indicacións básicas que son moi efectivas e imprescindibles á hora de prestar por exemplo unha axuda e atencións básicas ante unha posible emerxencia”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal