Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDE AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE DEBIDO Á ALERTA LARANXA POR VENTO DECRETADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS
Desde o Concello solicítase a veciñanza a máxima precaución e colaboración no cumprimento de medidas de seguridade para evitar posibles accidentes
Narón, 10 de marzo de 2018. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, informou de que o Concello suspenderá as actividades ao aire libre e pechará as instalacións municipais que estean tamén ao aire libre entre as 15.00 horas de hoxe e as 06.00 de mañá domingo. A medida responde, como indicou o edil naronés, ao aviso emitido desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que anunciou un fenómeno meteorolóxico adverso en Galicia e decretou alerta laranxa por vento entre esa franxa horaria. Así mesmo, no que se refire ás instalacións temporais, o titular da autorización municipal deberá adoptar as medidas de seguridade que sexan necesarias para evitar posibles accidentes. Desde o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis) realizáronse tamén unha serie de recomendacións, como evitar as actividades no exterior (parques, xardíns, etc.) e os desprazamentos e, no caso de ter que utilizar o coche, consultar o estado das estradas e non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores. Afastarse de edificios ruinosos, zonas con árbores, paneis publicitarios e outros obxectos susceptibles de desprazarse co vento e retirar de fiestras, balcóns e tellados obxectos que poidan caer á rúa son tamén algunhas das indicacións formuladas desde o Speis. Desde o Concello de Narón solicítase á veciñanza máxima precaución e colaboración no cumprimento destas medidas de seguridade para evitar posibles accidentes durante o tempo en que permaneza operativa esta alerta laranxa por fortes ventos.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es