Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDERÁ AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE DEBIDO A UNHA NOVA ALERTA LARANXA POR VENTO
A alerta manterase activa o mércores día 14, entre as 00.00 e as 15.00 horas, tal e como indicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 13 de marzo de 2018. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que o Concello suspenderá as actividades ao aire libre e pechará as instalacións municipais localizadas ao aire libre desde as 00.00 ata as 15.00 horas de mañá mércores. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso por ventos con refachos que poden alcanzar os 100 quilómetros por hora e que afectará á provincia da Coruña e tamén ás de Lugo, Ourense e Pontevedra. Así mesmo, hai un aviso amarelo por chuvia que tamén afectará ás catro provincias. O titular de autorizacións municipais para as instalacións temporais deberá adoptar as medidas de seguridade oportunas para evitar posibles accidentes. Ante estes avisos da Aemet desde o Speis de Narón recordáronse as recomendacións habituais neste tipo de situacións, como evitar as actividades no exterior (parques, xardíns, etc.) e os desprazamentos. Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, ou obxectos que se poidan desprazar co vento, así como retirar elementos susceptibles de caer de fiestras, balcóns e tellados, forman tamén parte das recomendacións á cidadanía. Desde o Concello solicitouse unha vez máis á veciñanza a máxima precaución e colaboración para evitar posibles accidentes mentres permaneza activa esta alerta.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal