Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS ASISTIRÁN Á CEA DA MULLER ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 8-M
As tres Mulleres do Ano de Narón 2018: Carmen Fernández Merlán, Rosario Alabau Albors e Mercedes Piñeiro Cabalo, recibirán unha homenaxe pública na cidade
Narón, 15 de marzo de 2018. Un total de cento trinta e cinco mulleres asistirán o venres día 16 á tradicional Cea da Muller que se celebrará no restaurante A Grella dos Avós, na parroquia de Sedes. A convocatoria programouse para rendir unha homenaxe pública –posterior á institucional celebrada o pasado día 7 de marzo no Concello- ás tres Mulleres do Ano de Narón 2018: Carmen Fernández Merlán, Rosario Alabau Albors e Mercedes Piñeiro Cabalo, que formaron parte da primeira corporación democrática do Concello de Narón, no ano 1979. Ademáis da alcaldesa, Marián Ferreiro, e da edil de Igualdade, Teresa Sabio, asistirán a esta cea baile, que dará comezo ás 21.30 horas, outras representantes da corporación local, veciñas de Narón e comarca e familiares e amigas das homenaxeadas. A alcaldesa da cidade e a edil de Igualdade dirixirán unhas palabras ás tres exconcelleiras ao inicio do acto, cedéndolles a continuación a palabra. Unha vez rematadas as intervencións comezará a cea e no momento do café as representantes do goberno local entregarán a tódalas asistentes á cita un agasallo a modo de recordo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. A programación deseñada polo Concello con motivo desa efeméride iniciouse o pasado día 1 de marzo, coa apertura da Mostra de Hildegart na Biblioteca municipal. O día 2 tivo lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros unha Mesa redonda, Coidando a coidadora, e o pasado 7 foi a homenaxe institucional no Concello ás Mulleres do Ano de Narón 2018. Así mesmo, desde o pasado día 9 e ata este sábado, día 17, desenvólvese no Pazo o Festival Singular en Feminino, con catro monólogos escritos e protagonizados por mulleres.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal