Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E ECOVIDRIO INICIAN UNHA NOVA CAMPAÑA DE RECICLAXE DE VIDRO CO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que persoal técnico da empresa Ecovidrio visitará nos vindeiros días uns 150 establecementos de hostalería da cidade para informalos sobre esta campaña
Narón, 15 de marzo de 2018. O Concello de Narón e Ecovidrio impulsan unha nova campaña de reciclaxe de vidro entre o sector hostaleiro da cidade. Así o anunciou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que explicou que a campaña comezou esta mesma semana, coa comunicación aos empresarios e empresarias do sector –a través de técnicos da citada empresa- do desenvolvemento da mesma para impulsar a reciclaxe de vidro en máis de cento cincuenta establecementos hostaleiros da cidade. Santalla asegurou que “os representantes do sector na cidade responden sempre moi ben a este tipo de campañas, un respaldo que tamén se realiza desde outro tipo de locais e vivendas particulares, que nos permiten incrementar paulatinamente a cantidade de vidro destinada á reciclaxe, co que iso supón en canto aos beneficios tanto medioambientais en xeral como económicos ás arcas municipais”. A primeira fase desta iniciativa consistirá nunha visita que persoal técnico de Ecovidrio realizará aos establecementos, para coñecer de primeira man as súas necesidades e poder adecuar os recursos existentes ás mesmas. Os responsables dos locais terán que realizar unha enquisa e recibirán información detallada sobre como reciclar correctamente e as vantaxes sociais e económicas desta práctica, tal e como indicou Santalla. Nunha segunda fase instalaranse novos puntos de reciclado e entregaranse aos empresarios e empresarias do sector cubos con rodas, no caso de que os soliciten, para facilitarlles a separación, o almacenamento e o transporte dos residuos de vidro aos contenedores. Algúns dos instalados no municipio contan xa cun sistema adaptado aos cubos –como os instalados hai uns meses na rúa Cataluña, na Gándara- que facilitan o vaciado dos cubos cos que contan os establecementos hostaleiros. A cidadanía de Narón reciclou durante o pasado ano un total de 503.460 quilos de envases de vidro, tal e como se reflicte nos últimos datos facilitados pola empresa Ecovidro. Isto supón unha media de preto de trece quilos por habitante en canto ao consumo e de 49 envases por persoa se nos referimos á media de reciclaxe. En canto aos contenedores, na cidade contabilízanse un total de 147 para os residuos de envases de vidro, situándose a media en 267 habitantes por contenedor.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal