Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "II CONGRESO DE SEGURIDADE E EDUCACIÓN VIARIA CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, animou aos interesados a anotarse, de balde, a través da páxina: www.congresoeducacionvial.com
Narón, 27 de marzo de 2018. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, recordou que desde está aberto o prazo de inscrición na segunda edición do “Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria Cidade de Narón”. A cita terá lugar no Auditorio municipal os días 3 e 4 de maio e as persoas interesadas en asistir poden anotarse, de balde, a través da páxina: www.congresoeducacionvial.com. O Concello de Narón organiza este evento, dirixido a persoal dos Corpos da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, docentes e público en xeral interesado nas temáticas a abordar nas catro mesas de traballo nas que se divide este Congreso. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luis Menor, serán os encargados de inaugurar o Congreso, o día 3 de maio ás 10.00 horas. Previamente entregarase no Auditorio a documentación aos asistentes, para iniciar o relatorio inaugural ás 10.30 horas con Bartolomé Vargas, Fiscal de Sala e coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado. A primeira mesa de traballo iniciarase ás 11.40 horas, e na mesma abordarase o tema das “Novas tecnoloxías aplicadas á Seguridade Viaria”. Tras o pertinente Foro de debate e o turno de preguntas rematará a programación da mañá, sobre as 13.30 horas. O mesmo día 3 pola tarde haberá unha nova mesa de traballo a partir das 16.00 horas, sobre “O camiño cara a unha nova Educación Viaria” e outra desde as 18.30, sobre o “Permiso de conducción: dereito e responsabilidade”. Na xornada do venres día 4 haberá unha única mesa de traballo, a partir das 10.00, sobre “Smart Mobility: mobilidade en entornos urbanos”, e ás 12.10 terá lugar un relatorio de clausura a cargo de María Isabel Viruez, axente sociocultural do Concello de Alhama (Granada). Recoñecidos poñentes como o Fiscal de Sala e coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado, Bartolomé Vargas; o director de proxectos da Fundación Española para a Seguridade Vial (Fesvial), José Ignacio Lijarcio; o xefe da área nacional da Fundación Mapfre, Antonio García; o presidente da Fundación CNAE, José Miguel Báez; a arquitecta Lorena Pardiñas, a xefa do departamento de Planificación do Concello de Madrid, Ana Rosa Llorente, a psicóloga e presidenta de Aesleme, Mar Cogollos, e a asesora pedagóxica da DXT, Raquel Navas, entre outros, participarán nesta nova edición do Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria Cidade de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal