Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA INSTALAR UN POSTO DE VENDA OU TROCO DE LIBROS NA "VI FEIRA-MOSTRA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN"
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a convocatoria desenvolverase entre os días 23 e o 27 de abril nas instalacións da Biblioteca municipal
Narón, 6 de abril de 2018. A concelleira de Bibliotecas de Narón, Mercedes Taibo, informou da próxima celebración, na semana do 23 ao 27 de abril, ambos incluídos, da sexta edición da Feira-Mostra do Libro de segunda man. A planta baixa da Biblioteca municipal acollerá durante eses días unha decena de postos nos que as persoas interesadas poderán vender ou trocar os libros que leven a esta feira-mostra. A edil naronesa explicou que as persoas interesadas en participar poden anotarse xa cubrindo unha instancia dispoñible no Rexistro do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30- e por orde de inscrición iráselles asignando un dos dez postos que se habilitarán para a ocasión. A iniciativa enmárcase no programa municipal Biblioespazo 2018, tal e como recordou Taibo. En canto aos requisitos establecidos desde a organización Taibo apuntou que os participantes deben estar dados de alta como usuarios na Red de Bibliotecas desde, como mínimo, o pasado 2 de abril e non ter sancións pendentes; non manter relacións co sector editorial, da distribución, compravenda de libros ou libreiros/as. Así mesmo, deberán expoñer un mínimo de vinte e cinco libros cada día e facilitar os resultados finais ao termo da convocatoria, tanto da venda dos mesmos como nos casos de troco, co fin de avaliar os resultados desta nova edición da convocatoria. “Coincidindo co mes do libro, entre outras actividades que programaremos no concello, convocamos un ano máis este evento, donde as usuarias e usuarios da Red de Bibliotecas terán a oportunidade de vender ou trocar libros que xa non utilizan, ofrecendo un espazo donde expoñer as publicacións de segunda man e facilitando así darlles unha nova vida”, apuntou a responsable da área municipal de Bibliotecas. Para obter máis información sobre este evento pódese chamar á Biblioteca municipal de Narón, ao número de teléfono 981 382 173 ou escribir ao correo electrónico: biblioteca.central@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal