Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE ARTE FLORAL ORGANIZADOS POLO PADROADO DA CULTURA CON MOTIVO DA FESTIVIDADE DOS MAIOS
A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, explicou que as convocatorias se desenvolverán nos centros cívicos sociais de Piñeiros e O Val, donde deben apuntarse as persoas interesadas nos obradoiros
Narón, 8 de abril de 2018. O Padroado da Cultura de Narón organiza un ano máis os Obradoiros de arte floral para que a veciñanza da cidade se implique activamente na tradicional celebración dos Maios. Os cursos realizaranse na zona urbana e na rural, concretamente a partir do martes día 17 nas instalacións do Centro Cívico Social de Piñeiros e o venres día 20 nas do Centro Cívico Social do Val, en ambos casos en horario de 17.00 a 19.00, según as previsións iniciais. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse, de balde, a partir do vindeiro luns, día 9, nos locais destas dúas entidades, tal e como indicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, que recordou que hai quince prazas para cada un deles. Nestes obradoiros as veciñas e veciños aprenderán a realizar un Maio, elaborando os que se poderán ver na tradicional celebración que anualmente organiza o Concello en colaboración coa Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, e que terá lugar o día 5 do vindeiro mes. Os cursos constan dun total de dez horas –un día á semana durante dúas horas- pero no caso de que así o acorden os participantes, poderase realizar máis dunha sesión por semana, tal e como asegurou a edil responsable da área de Cultura. As persoas interesadas en recibir máis información sobre os Obradoiros dos Maios que se celebrarán nos dous centros cívicos sociais da localidade poden chamar aos números de teléfono: 698 166 544 –no caso do programado en Piñeiros- e 981 363 511 –no do Val-. A labor do Padroado da Cultura en canto á difusión da festividade dos Maios, coa que tradicionalmente se celebra a chegada da primavera, aposta por implicar na mesma a toda a cidadanía. Tanto é así que, ao igual que en anteriores convocatorias, o Padroado oferta aos centros de ensino da cidade estes obradoiros, para que “ademais dos maiores se impliquen nesta actividade cultural e festiva as nenas e os nenos de Narón”, apuntou a concelleira naronesa. Este ano está previsto que preto de 1.500 escolares de educación Infantil e Primaria dos colexios de Narón participen nestes obradoiros de arte floral a través de unidades didácticas que inclúen unha parte teórica e outra práctica. As alumnas e alumnos recibirán inicialmente as explicacións do significado e realización dos Maios pero tamén adicarán unha parte do seu tempo lectivo a aprender coplas e bailes tradicionais dos Maios e á construción dun a partir de material vexetal. Unha vez rematados os Maios que se elaborarán nos colexios, desfilarán con eles na celebración do Día dos Maios, o vindeiro 5. “Esta celebración popular mantense viva na nosa cidade grazas á colaboración das nosas veciñas e veciños, aos que queremos agradecer de antemán a súa axuda para manter viva esta festividade tradicional”, subliñou Espada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal