Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A SOCIEDADE CULTURAL AREOSA CELEBRARÁN O VINDEIRO SÁBADO A FESTIVIDADE DOS MAIOS
A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentou esta mañá a programación de actos xunto coa vicepresidenta e a secretaria de Areosa, Maribel Mouriz e Mayra Rodríguez, respectivamente
Narón, 30 de abril de 2018. O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, programaron unha nova edición para celebrar na cidade Os Maios, evento co que tradicionalmente se festexa a chegada da primavera. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentou a cita acompañada por Maribel Mouriz e Mayra Rodríguez, vicepresidenta e secretaria, respectivamente, de Areosa. A edil naronesa explicou que a celebración terá lugar o vindeiro sábado, día 5, con actividades que se sucederán pola mañá e pola tarde. A concelleira de Cultura explicou que todas as persoas que o desexen terán a oportunidade de participar na elaboración do Mosaico dos Maios que se realizará na Praza de Galicia. Entre as 11.00 e as 14.00 horas o artista naronés Leandro Lamas realizará un debuxo na praza, de 10x10 metros, que se decorará con flores, aberto á participación da cidadanía en xeral. Así mesmo, Maribel Mouriz, de Areosa, indicou que tamén en horario de mañá, a partir das 10.00 horas, no centro cívico de Piñeiros, se rematará a decoración dun dos Maios que se poderán ver na Praza de Galicia, no que tamén poderán traballar todas as persoas que o desexen. Pola tarde, a partir das 16.30 horas poderanse ver no citado centro cívico de Piñeiros os Maios elaborados para esta festividade, que sairán en comitiva ás 17.00 horas pola estrada de Castela cara á Praza de Galicia, donde terá lugar a tradicional recepción ás 18.00 horas. As Escolas do Padroado da Cultura amenizarán a convocatoria con música tradicional, para que todas as persoas que se acheguen á Praza de Galicia poidan desfrutar un ano máis desta celebración. A concelleira avanzou que este ano se poderán ver os Maios realizados polas asociacións veciñais do Couto, San Xiao, O Val, Piñeiros, Virxe de Fátima e tamén da Asociación Sociocultural ASCM, de Semente de Trasancos e de dous colectivos do Padroado da Cultura de Narón: O Recuncho dos Pequechos e o Obradoiro de Construción de Instrumentos. A maiores, indicou Espada, “tamén estarán representados os centros escolares de Narón, donde uns 1.500 alumnos e alumnas de educación Infantil e Primaria se implicaron na actividade elaborando os seus propios Maios nas aulas, axudados por monitores do Padroado, e tamén a ANPA do colexio de Piñeiros”. As representantes de Areosa agradeceron a colaboración do Concello nesta actividade, e ao igual que a concelleira de Cultura, animaron ás veciñas e veciños “a desfrutar conxuntamente desta festa da primavera, na que queremos que participen persoas de tódolos barrios e parroquias de Narón e doutros concellos, de tódalas idades”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal