Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CAMPAÑA RECICLA, RESPIRA E SUPÉRATE INICIA AS PRIMEIRAS ACCIÓNS NA RÚA PARA FOMENTAR A RECICLAXE NOS CONTEDORES AMARELOS
O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que a iniciativa consta de varias fases e destacou o feito de que a Xunta e Ecoembes seleccionaran a Narón entre os quince concellos nos que desenvolvela e que optan a un premio de 2.000 euros para destinar a unha causa social
Narón, 2 de maio de 2018. O Concello de Narón participa na primeira fase da campaña Recicla, respira e supérate, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla explicou que a cidade resultou seleccionada, xunto con outras catorce galegas, para formar parte desta proposta, con carácter experimental e que rematará dentro de tres meses. “A través desta iniciativa trátase de concienciar á cidadanía e fomentar a reciclaxe de envases lixeiros, de plástico, latas e bricks, nos contedores amarelos”, indicou o edil naronés, que avanzou que “no caso de que se incremente alomenos un 10% a porcentaxe de achegas a estes contedores con respecto ao mesmo período do ano anterior o Concello recibirá unha achega de 2.000 euros que se destinarán a unha causa social”. Santalla avanzou que esta campaña consta de varias actuacións, que comezaron coa realización de graffitis inversos, feitos con técnicas non agresivas en rúas e beirarrúas coa axuda de plantillas e hidrolimpadoras. “Estes graffitis comunicarán unha serie de mensaxes relacionados con esta campaña e teñen unha duración estimada de entre dúas e tres semanas”, tal e como apuntou o edil naronés. En Narón faranse un total de seis, que se localizarán no acceso ao Concello, á Biblioteca municipal e ao edificio de Correos, na Praza de Galicia, na Praza da Constirución e na praza do antigo Concello, en Xuvia. Ao tratarse dun traballo realizado con hidrolavadoras, repetiranse as sesións o día 16 de xullo, tal e como figura no cronograma desta iniciativa. Así mesmo, o vindeiro 25 de maio procederase a iluminar de cor amarela o exterior do edificio do Concello e do 11 ao 17 de xuño instalarase un contedor amarelo de grandes dimensións nas inmediacións do Concello. Este contedor chamará a atención da cidadanía e animaráa a comprometerse con esta causa e participar na campaña, ao tempo que ofrecerá información sobre a mesma. Tamén o 25 de xuño e o 2 de xullo unhas vistosas bicicletas visitarán a cidade, percorrendo varias rúas e animando ás veciñas e veciños a participar neste reto sobre a reciclaxe. Todas estas accións coincidirán coa visita de equipos de promotores ao municipio, para informar nas rúas e nos diferentes establecementos sobre a campaña Recicla, respira e supérate. Estas visitas desenvolveranse periodicamente durante os tres meses da campaña, tal e como explicou o concelleiro, e nas mesmas repartiranse agasallos promocionais da mesma, como pulseiras de tela e vinilos para os escaparates de comercios e locais de hostalería. O edil de Servizos comentou que o Concello naronés resultou entre os quince elixidos “por ser un dos que se considerou que podería ter un maior impacto nesta campaña e pola súa representatividade”, tal e como se indicaron os impulsores da mesma. Santalla subliñou a importancia da reciclaxe de residuos no noso día a día e sobre a campaña, animou ás naronesas e aos naroneses a “participar activamente neste reto, para continuar incrementando como vimos facendo as porcentaxes de reciclaxe, para ter unha cidade máis limpa, contribuír cunha causa medioambiental e, nesta ocasión, a maiores, poder gañar 2.000 euros para unha causa social”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal