Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EXTERIOR DO CONCELLO ILUMINARASE DE COR AMARELA A TRAVÉS DA CAMPAÑA RECICLA, RESPIRA E SUPÉRATE
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, animou á veciñanza a implicarse nesta iniciativa, coa que o Concello poderá gañar 2.000 euros para una causa social e que esta noite iluminará de cor amarela o exterior do Concello a partir das 21.30 horas
Narón, 25 de maio de 2018. O edificio do Concello iluminarase hoxe, a partir das 21.45 horas e ata as 1.30 horas de mañá, de cor amarela a través da campaña Recicla, respira e supérate, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes e na que participan catorce cidades galegas, entre elas a de Narón. No marco desta proposta, xa se pintaron seis graffitis inversos en beirarrúas de diferentes puntos da cidade, outra das actividades enmarcadas na mesma e a través da que o Concello opta a un premio de 2.000 euros para destinar a unha causa social. O reto é lograr incrementar, coa colaboración de toda a veciñanza da cidade, as taxas de reciclaxe do contenedor amarelo con respecto ao mesmo período do ano anterior. Por esta razón, tal e como apuntou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, “é imprescindible que as naronesas e os naroneses depositemos nestes contenedores os envases lixeiros, de plástico, latas e bricks durante todo o ano, pero se a maiores nesta campaña incrementamos a porcentaxe nun 10% poderemos colaborar, a parte de co respecto e coidado ao medioambiente, cunha boa causa”. As actividades desta campaña continuarán na semana do 11 ao 17 do vindeiro mes de xuño, cando permanecerá instalado nun lugar visible da cidade un contenedor amarelo de grandes dimensións. A previsión é ubicalo nas inmediacións do Consistorio, para chamar a atención das veciñas e veciños e implicalos nesta campaña de reciclaxe e ofrecerlles información sobre a mesma. Finalmente, entre o 25 de xuño e o 2 de xullo desprazaranse ao municipio unhas vistosas bicicletas que percorrerán as rúas de Narón animando a participar. Estas accións combínanse coa visita de persoal promotor da iniciativa á cidade para informar tamén a pé de rúa e nos establecementos sobre a mesma e durante os tres meses de duración. Pulseiras de tela, vinilos para os escaparates de establecementos comerciais e hostaleiros entregaranse na localidade para contribuír na difusión da campaña Recicla, respira e supérate.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal