Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO
O autor da publicación, Pepablo Patinho, presentará a obra na Biblioteca municipal o vindeiro 14 de xuño, tal e como anunciou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 7 de xuño de 2018. O artista Pepablo Patinho Penya presentará o vindeiro 14 de xuño na Biblioteca municipal o seu libro Lúa. O acto, que dará comezo ás 18.30 horas, convertirase en todo un espectáculo multidisciplinar dirixido ao público familiar, polo que as prazas están limitadas a 25 participantes. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición para poder asistir e recordou que os nenos e nenas deben ter cumpridos os 3 anos e posuír o carné da Rede de Bibliotecas. As prazas dispoñibles poden reservarse desde hoxe ás 16.00 horas no mostrador da Sala de Adultos da Biblioteca municipal, ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das citadas instalacións. Ao inicio do espectáculo Pepablo Patinho contaralles aos asistentes como xurdiu a idea de escribir os versos que compoñen esta obra para, a continuación, haberá música en directo. O autor buscará a implicación dos asistentes para cantar todos xuntos as cancións que se inclúen no libro. Ao final do acto terá lugar un faladoiro donde se exporán os temas do libro Lúa, entre eles as guerras, as fronteiras, as diferencias sociais… Taibo avanzou que cada un dos menores que acudan a esta convocatoria recibirán como agasallo un libro asinado polo autor. Os menores deben acudir acompañados por unha persoa adulta que tamén terá que inscribirse, tal e como recordou a edil naronesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal