Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECIBIRÁ EN BRUXELAS UN DOS "PREMIOS Á EXCELENCIA EN SEGURIDADE VIARIA"
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, destacou a concesión deste novo recoñecemento polo traballo desenvolvido desde a administración local en materia de seguridade e educación viaria
Narón, 11 de xuño de 2018. O Concello de Narón vén de recibir un novo premio polas súas boas prácticas en materia de Seguridade Viaria. Así o confirmou esta mañá o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, que indicou que recibiron no Concello a comunicación de que a Comisión Europea entregará a Narón un dos Premios á Excelencia en Seguridade Viaria (Excellence in Road Safety Awards) na modalidade de autoridades locais. “A entrega deste novo premio é un incentivo máis para continuar traballando desde o Concello de Narón nesta mesma liña, impulsando novas accións en materia de educación e seguridade viaria con diferentes colectivos”, apuntou Sánchez Fojo, que agradeceu a concesión do premio e valorou o traballo realizado polo equipo de Educación Viaria de Narón. O citado equipo presentou a este certame os tres proxectos implantados máis recentemente na cidade: os programas “Bica e Arrinca”, “Camiño Escolar Seguro” e “Estacionamentos disuasorios”. O impacto destas iniciativas, a aprendizaxe das mesmas e súa posible reproducción foron algúns dos apartados que se valoraron á hora de conceder os premios de boas prácticas. As accións impulsadas desde Narón, tal e como recordou o edil, diríxense tanto a bebés e menores como a preadolescentes, adultos e á Terceira Idade. A Comisión Europea recoñece a través dos Premios á Excelencia da Seguridade Viaria as máis destacadas accións emprendidas para mellorar a Seguridade viaria e salvar vidas nas estradas europeas. Os galardóns entregaranse o vindeiro 26 de xuño na Biblioteca de Solvay, en Bruxelas, ata donde se desprazarán representantes do Concello para recibir esta nova distinción na área de Educación e Seguridade Viaria. A Comisaria Europea de Transporte, Violeta Bulc, será a encargada de entregar este galardón ao Concello de Narón, que vén a sumarse a anteriores recoñecementos pola intensa labor desenvolvida desde Narón con diferentes colectivos en materia de Educación e Seguridade Viaria. O Concello de Narón adheriuse no ano 2016 á Carta Europea da Seguridade Viaria, dirixida pola Comunidade Europea e que constitúe, con máis de 3.400 entidades públicas e privadas, a maior plataforma de seguridade viaria da sociedade civil. A través de obxectivos como o intercambio de coñecementos e experiencias na materia dentro da UE, ou impulsar a colectivos e entidades para que tomen medidas nesa área, entre outros, apóstase por reducir o número de accidentes en estradas de aquí ata o ano 2020.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal