Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA ENTREGAR NO CONCELLO AS COMUNICACIÓNS OFICIAIS PARA REALIZAR FOGUEIRAS NAS NOITES DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
Os modelos oficiais destas comunicación poden tramitarse a través do Rexistro municipal ou da Sede Electrónica do Concello ata o día 21, no caso da luminaria de San Xoán, ou o 28 para as de San Pedro
Narón, 18 de xuño de 2018. As persoas que queiran realizar fogueiras no termo municipal naronés coincidindo coas noites de San Xoán e San Pedro deberán comunicalo ao Concello a través dunha instancia oficial dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Narón e no Rexistro municipal. O prazo para poder realizar estas comunicacións rematará o vindeiro xoves para as luminarias de San Xoán e o día 28 para as de San Pedro, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro. Na instancia solicítase que se comuniquen os datos dos responsables da fogueira, así como a súa ubicación, e especifícase a prohibición de realizalas na vía pública salvo autorizacións expresas do Concello, para non comprometer a seguridade do tráfico. Entre os requisitos para poder realizar as fogueiras están que deben alonxarse das vivendas un mínimo de 25 metros, así como de vehículos, instalacións, zonas vexetais susceptibles de queimas e tendidos eléctricos e telefónicos. En canto ás dimensións, non poden superar os cinco metros de altura e tres de diámetro e non se poderán queimar residuos perigosos ou tóxicos. A protección do pavimento sobre o que se ubicará a luminaria, no caso de que sexa preciso, é outro dos requisitos establecidos, así como a súa vixilancia ata a total extinción da mesma e da suspensión e apagado inmediato no caso de que se levante vento que poida dificultar a súa vixilancia e extinción. En canto aos horarios, poderanse acender a partir das 21.00 e terán que extinguirse antes das 3.00 horas, sendo o responsable da fogueira a persoa encargada de garantir a limpeza dos posibles residuos ao día seguinte á realización das mesmas. Para aclarar calquera posible dúbida ou en situacións de emerxencia débese chamar ao 112.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal