Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ A PROXECCIÓN DUN DOCUMENTAL DA CAMPAÑA PROVINCIAL DE SENSIBILIZACIÓN DO DEPORTE FEMININO
A cita, aberta ao público xeral, será o martes 19 de xuño a partir das 19.00 horas, e consistirá na proxección dun video e un coloquio final
Narón, 18 de xuño de 2018. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá mañá martes, a partir das 19.00 horas, a proxección dun documental promovido pola Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Narón, titulado “Contra os elementos”. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, e o edil de Deportes, Román Romero, anunciaron esta iniciativa, aberta á participación do público en xeral, e coa que se pretende mellorar a proxección das mulleres deportistas, recoñecer o seu esforzo e poñer en valor o traballo deportivo que levan a cabo para conquistar os seus obxectivos, visibilizando o papel das mulleres no mundo do deporte, tal e como indicaron desde a organización. Sabio destacou que a iniciativa se enmarca na campaña provincial “Conquista os elementos”, que a Deputación da Coruña levará a cabo este ano nas dezaoito comarcas da provincia da Coruña. Trala proxección do vídeo, tal e como apuntou Sabio, abrirase un turno de debate no que as persoas que acudan poderán realizar as preguntas que consideren oportunas. Pola súa parte, o concelleiro de Deportes explicou que dúas persoas vencelladas ao deporte na cidade darán o seu punto de vista sobre esta temática. Román Romero agradeceu de antemán a presencia na convocatoria de Bruno Saavedra, deportista no Club de Ximnasia Rítmica Acordes, de Narón, e de Bárbara Grandal, directiva da Sociedade Deportiva O Val, encargada da xestión do equipo feminino da entidade. “Ambos ofrecerán os seus puntos de vista desde a comunidade deportiva da nosa cidade”, apuntou o edil. Os concelleiros naroneses animaron á cidadanía a asistir a este acto, que terá unha duración máxima dunhas dúas horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal