Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MAGO ANTÓN LEVARÁ Á SOLAINA O SEU ESPECTÁCULO "A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS"
O Padroado da Cultura e o Agadic traen a Narón esta proposta cultural, que se desenvolverá o venres 22 na rúa Francisco Pizarro, tal e como indicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada
Narón, 20 de xuño de 2018. O Padroado da Cultura de Narón programou para o vindeiro venres, día 22, unha nova sesión do espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos, protagonizado polo Mago Antón, e que terá lugar na rúa Francisco Pizarro, na Solaina. En total ofreceranse catro funcións, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas –ao igual que se fixo a pasada semana na Praza da Gándara- e as entradas dispoñibles poden recollerse, de balde, en varios establecementos do barrio da Solaina. O aforo está limitado a setenta persoas por función, ao ser esa a capacidade do magomóbil no que se desenvolven as mesmas, dirixidas a todo tipo de públicos, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. Os asistentes terán a oportunidade de desfrutar dun divertido espectáculo no que os xogos de maxia sorprenderán a nenos e maiores. O Mago Antón buscará a implicación de tódalas persoas que se suban ao magomóbil, un autobús caracterizado para este espectáculo e co que percorre diferentes municipios de Galicia con esta proposta cultural. Tralas citas da Gándara e A Solaina, o Padroado da Cultura de Narón, en colaboración co Agadic, ofrecerá tamén este espectáculo o vindeiro día 29 de xuño na parroquia de Xuvia, tal e como apuntou Espada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal