Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REAFIRMA O SEU COMPROMISO CON AFAL
A Primeira Tenente de Alcaldía e o Concelleiro de Servizos Sociais visitaron as súas instalacións
A Primeira Tenente de Alcaldía, Ángeles Díaz Pardo, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Hermida, visitaron as instalacións da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, AFAL. Os edís populares elixiron o horario vespertino porque é o momento no que se están a desenvolver as actividades cotiás do centro, e así poideron coñecelas in situ. Esta visita é un paso máis na colaboración entre AFAL e Concello de Narón, que comezou o pasado mes de agosto coa firma dun convenio polo que o Consistorio destina 6.000 € para a asistencia de enfermos de Alzheimer e os seus familiares, e para a convocatoria de varias actividades orientativas e formativas sobre esta enfermidade. O Concello de Narón é o primeiro da Comarca de Ferrolterra que asina un convenio con AFAL; o pioneiro nesa segunda etapa de expansión que, como declarou a súa Presidenta Milagros Prieto Gondell, pretende a Asociación “despois de dez anos de consolidación en Ferrol”. Milagros Prieto agarda que, co tempo, outros concellos sigan o exemplo do Consistorio naronés. Miguel Hermida afirmou que a Concellería de Servizos Sociais quere formar parte desa política de portas abertas e de querer chegar á maior cantidade de xente posible que persegue AFAL, e “aposta pola colaboración e o apoio ó único centro especializado en Alzheimer da Comarca, e á súa importante labor social”. Pola súa parte, Ángeles Díaz declarou que “son os familiares dos enfermos os que sofren en boa medida as consecuencias do Alzheimer”, e que por iso é de “suma importancia e gran valía social” a existencia dun centro destas características. Os dous edís populares expresaron a súa satisfacción por ofrecer un novo servizo ós naroneses, ata agora inexistente no municipio. O prazo para solicitar este servizo segue aberto. Ó seu fin terá lugar unha reunión da comisión de valoración que decidirá de qué maneira se distribúen as axudas.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es