Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU O ACTO DE RECEPCIÓN A SEIS MENORES DE CHERNÓBIL QUE PASARÁN O VERÁN NA COMARCA
Catro menores residirán con outras tantas familias de acollida de Narón e os outros dous estarán en Ferrol
Narón, 29 de xuño de 2018. O Concello de Narón acolleu esta mañá o acto de recepción oficial a seis menores (catro nenas e dous nenos) procedentes de Chernóbil e que pasarán o verán en Narón. Xunto coas súas familias de acollida desprazáronse ao Consistorio, donde os recibiron a edil de Acción Social, Catalina García, e os tamén edís Guillermo Sánchez Fojo e Teresa Sabio. Os representantes do goberno local desculparon a ausencia da alcaldesa, Marián Ferreiro, que non puido estar presente neste acto pero que transmitiu a través dos tres concelleiros a benvida aos nenos e nenas, aos que lles desexou unha moi boa estadía na cidade. Os menores, de entre 8 e 14 anos permanecerán coas súas familias de acollida ata o vindeiro 30 de agosto. Catro quedarán en Narón e os outros dous estarán en Ferrol, tal e como indicou García, que recordou que este é o quinto ano no que se desenvolve este programa, en colaboración coa ONG Ledicia Cativa. O Concello de Narón mantén un convenio con esta entidade por un importe de 2.500 euros para colaborar nos desprazamentos dos rapaces e rapazas. Os edís naroneses deron a benvida aos participantes neste programa e animáronos a coñecer a cidade e tamén a desfrutar dos eventos que se celebrarán nas vindeiras semanas en diferentes espazos públicos. Antes de rematar o acto, entregáronlles uns agasallos, entre eles unha mochila e un vale de 60 euros para adquirir material deportivo nun establecemento da localidade. Finalmente, todos eles realizaron unha fotografía de familia, a modo de recordo desta recepción no Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal