Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A VIXÉSIMA EDICIÓN DA FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO CELEBRARASE O 14 E O 15 DE XULLO
Un showcooking, música de cámara no mosteiro do Couto e o xantar popular centran parte da programación deste evento na parroquia do Couto
Narón, 2 de xullo de 2018. A Festa Gastronómica do Pemento do Couto alcanza este ano a súa vixésima edición. A parroquia naronesa do Couto acollerá os días 14 e 15 de xullo esta tradicional festividade, cun programa de actos que se presentou esta mañá no Concello. Os edís de Festas, Mar Gómez, e Promoción Económica, Pablo Villamar, deron a coñecer as actividades xunto con Tomás Casal, presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto; Ramón Couto, presidente da AVV do Couto, e Ana Isabel García, en representación da Cooperativa do Campo do Val. Os actos das Noites do Mosteiro darán comezo o sábado día 14, cun Showcooking no local social do Couto a partir das 20.30 horas que correrá a cargo de Beatriz Sotelo, copropietaria do restaurante A Estación (A Coruña), tal e como indicou Villamar. Ás 23.00, ao igual que se fixo en anteriores edicións, iluminarase a fachada exterior do Mosteiro do Couto, donde a partir desa mesma hora, e ata as 00.30, haberá un concerto de música de cámara, con dous pases, propostas ambas que parten da Concellería de Turismo, dirixida pola edil Natalia Hermida. O aforo ao concerto é limitado pero non é precisa inscrición previa. O día 15 terá lugar o apartado gastronómico desta convocatoria. Ás 13.00 horas procederase a ler o pregón, a cargo nesta edición do enxeñeiro e escritor Xavier Alcalá. Unha vez finalizado, sobre as 13.30, terá lugar o xa tradicional xuramento das novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto, unha concesión que incrementa ano tras ano o número de persoas que integran esta Orde e a concesión do Pemento de Honra. O presidente da Orde avanzou que “coincidindo co vixésimo aniversario desta festa este ano acordamos entregar o Pemento de Honra aos integrantes da primeira xunta directiva da Asociación de Veciños do Couto, por ser precisamente os que iniciaron esta celebración”. O xantar, explicou Mar Gómez, comezará ás 14.00 horas na zona da carballeira, xunto ao local social, e será a base de churrasco con cachelos e pementos do Couto e donde non faltarán o pan, auga, viño e café ao tizón. As persoas que o desexen poden adquirir os tickets –a un prezo de 12 euros- no local social da AVV do Couto e nas instalacións da Cooperativa do Val-. A representante da Cooperativa do Val confía en que a chegada do bo tempo permita contar cunha boa colleita de pementos do Couto para esta celebración. Contará tamén esta festa cun apartado musical, a cargo dun grupo que amenizará a xornada aos asistentes a partir das 17.30 horas. Os representantes do goberno local animaron á veciñanza a asistir tanto ao xantar popular como aos diferentes actos programados con motivo desta vixésima edición da Festa Gastronómica do Pemento do Couto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal