Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACADA O COMPROMISO DA XUNTA DE RETOMAR O DIÁLOGO COA VECIÑANZA DO VAL PARA EVITAR A SUSPENSIÓN DAS OBRAS DA SENDA PEONIL E CICLISTA
A rexedora local, Marián Ferreiro, e o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, reuníronse en Santiago co director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez
Narón, 13 de xullo de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, desprazáronse esta mañá a Santiago de Compostela para manter unha reunión con Francisco Menéndez, director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas. A rexedora local solicitou a xuntanza hai varias semanas, tras coñecer o anuncio da Xunta de suspender as obras da senda peonil e ciclista prevista na parroquia do Val. A alcaldesa amosou a súa satisfacción pola postura amosada desde a administración autonómica, donde lle manifestaron que “continúan pola labor de realizar esa obra sempre e cando se conte co respaldo veciñal”. Representantes do goberno local de Narón visitaron nas pasadas semanas unha por unha as vivendas localizadas no tramo polo que se proxecta a senda peonil e ciclista. Tras falar cos titulares dos terreos afectados, recolleron as súas reivindicacións, que esta mañá a alcaldesa trasladou ao director da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de valoralas. Representantes da administración autonómica amosaron a súa disposición a retomar o diálogo coa veciñanza afectada por esta actuación na parroquia do Val para abordar a viabilidade dalgunhas das propostas plantexadas sobre o proxecto inicial desta actuación, tal e como lle indicaron a Ferreiro. A alcaldesa incidiu en que “esta senda é unha infraestrutura que supón un importante investimento para o noso concello e tamén un avance importante en materia de mobilidade e seguridade viaria”. Ferreiro, que trasladou esta mesma mañá o o resultado desta reunión aos representantes da Asociación de Veciños do Val, destacou a importancia “de que ambas partes, a administración que promove este proxecto que é a Xunta de Galicia e as persoas que teñen propiedades na zona pola que pasará a senda, acheguen posturas sobre proxecto”. A rexedora local subliñou que “é preciso e moi necesario que traten de atopar unha saída satisfactoria para ambas partes e que permita executar os traballos, porque as veciñas e veciños en todo momento nos comunicaron que non se opoñen á execución da senda, valorando tamén este importante investimento na parroquia do Val”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal