Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE COMPACTACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL
Permitirá 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 m², duplicando o espazo existente
O Proxecto de Compactación do Arquivo Municipal púxose en marcha estes días co inicio das obras no soto da Casa Consistorial. A actuación prevista consiste na instalación dun sistema de armarios móbiles a través de raíles, que se completará coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación. O custe total é de 80.000 euros, o 50% pagado polo Concello e o restante 50% pola Xunta de Galicia. Segundo explicou a Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, o arquivo xeral do Concello atópase na actualidade “practicamente colapsado, con máis de 1.500 metros cadrados de baldas que están ocupadas na súa totalidade”. A falla de espazo resolverase coa instalación do sistema compactador que permitirá contar con 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 metros cadrados “solucionando de xeito instantáneo o principal problema do noso arquivo municipal, e garantindo o crecemento futuro do arquivo durante os vindeiros anos”, engadiu a Concelleira. “Dende o goberno municipal pensamos que é unha labor prioritaria a conservación do noso patrimonio documental incluído no noso arquivo municipal, así como tamén preservar a custodia dos expedientes administrativos de todas e cada unha das concellerías e unidades de xestión”, declarou a Edil. Na actualidade, o arquivo conta con máis de 6.600 unidades de instalación e máis de 700 libros así como numerosos fondos do arquivo histórico. Durante o 2006, o arquivo municipal recibiu máis de 500 expedientes administrativos dos diferentes departamentos municipais, xa que é aquí onde deben terminar tódolos documentos administrativos nun prazo máximo de cinco anos. González Cuevas agradeceu especialmente a Parkinsa o espazo cedido ó Concello do seu aparcadoiro, ocupado parcialmente estes días polo material destinado ás obras.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal