Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE ACCIÓN SOCIAL REUNIUSE CUNHA REPRESENTANTE DA ASOCIACIÓN ARELA PARA COÑECER O PROGRAMA CONVIVE.COMigo
A concelleira naronesa explicou que se trata dun programa de convivencia de adolescentes que cumpren una medida xudicial con persoas alleas ao seu ámbito familiar
Narón, 24 de xullo de 2018. A concelleira de Acción Social, Catalina García, reuniuse no seu despacho con Ánxela Álvarez, técnica da Asociación Arela, que informou á edil sobre o programa CONVIVE.COMigo, sobre capacitación, valoración, formación e seguemento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que están a cumprir unha medida xudicial. Esta iniciativa impúlsase a través da administración autonómica e Arela, que están buscando apoios entre os concellos das provincias da Coruña e Pontevedra para colaborar na difusión do mesmo e reunir a un grupo de persoas ou familias dispostas a participar nesta iniciativa. García explicou que esas persoas dispostas a colaborar cos menores deben ter unha “alta sensibilidade cara á adolescencia, ofrecéndolle un ambiente socializador e positivo co fin de modificar as circunstancias que motivaron esas medidas xudiciais”. Na mesma liña, a representante de Arela subliñou que o obxectivo é que “os menores non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez que regresen a vivir coa súa familia de orixe”. Desde a Asociación Arela especificouse que poderán formar parte deste programa as persoas maiores de idade que dispoñan dunha vivenda axeitada, estabilidade emocional e que se comprometan a traballar en equipo, entre outros requisitos. Valorarase ademais a formación relacionada con Ciencias Sociais, a experiencia previa en programas de acollida familiar e o feito de ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia ou na área xurídica. Os participantes recibirán por parte de Arela, tal e como apuntou Ánxela Álvarez, unha formación grupal e individual e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40 euros diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa. Para recibir máis información sobre este programa pódese consultar a páxina web de Arela: www.arela.org, así como chamar ao teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou contactar a través do correo electrónico convive@arela.org.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal