Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA Á CIDADE
O vehículo localizarase o día 4 de agosto na parroquia de Sedes e no barrio de Xuvia, tal e como apuntou o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico
Narón, 27 de xullo de 2018. O concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, anunciou que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará a vindeira semana unha das súas unidades móbiles ao municipio, concretamente o vindeiro día 4 de agosto. O vehículo estará en horario de mañá en Sedes e tamén en Xuvia, ata donde se poderán achegar todas as persoas que desexen participar nesta campaña. O vehículo permanecerá estacionado entre as 10.00 e as 12.00 horas fronte ao local da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos (Sedes), se ben entre as 12.30 e as 15.00 localizarase xunto ao antigo Concello de Xuvia. Desde ADOS recordouse que para poder doar sangue é preciso almorzar e esperar dúas horas despois de xantar, levar a tarxeta de doador, DNI ou documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento. Así mesmo, o persoal de ADOS recorda que cada día se precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue nos hospitais galegos para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e tres transplantes de órganos e tecidos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal