Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS POLÍTICAS DA CONCELLERÍA DE FORMACIÓN E EMPREGO ARROXAN RESULTADOS EXCELENTES
A media de inserción laboral nos niveis de cualificación superior alcanza o 70%
As accións de formación-emprego da Concellería de Formación Laboral, Emprego e Novas Tecnoloxías, ó través do Servizo Sociocomunitario Municipal, acadaron uns resultados excelentes no que vai de ano. Segundo os datos do servizo Sociocomunitario, as porcentaxes de inserción alcanzaron un 70% nos niveis de cualificación superior, un 50% nos medios e un 33% nos de iniciación, a pesares de que este nivel só pretende introducir ós/ás desempregados/as nun itinerario de formación. Dentro dos cursos de nivel superior, destacan dous: o curso de servizo de axuda no fogar e o de electricidade onde se acadaron unhas porcentaxes de inserción do 85% e o 60% respectivamente. Estes resultados están medidos ó longo do ano seguinte ó remate da acción formativa, e no caso do curso de electricidade cabe resaltalo aínda máis, considerando que está dentro das actividades do sector da construción, que se atopa nunha fonda crise. Polo que respecta ós cursos de niveis medios e de iniciación, aínda que os resultados están medidos tan só ós sesenta días de remate dos mesmos, presentan moi boa perspectiva de inserción; chegando xa o 50% para os alumnos do curso de Dependenta de Comercio, que amosa unha excelente tendencia, e o 33 % para os do curso de iniciación as construcións metálicas. De constatarse esta tendencia no prazo dun ano se superarían as porcentaxes do 80%. No contexto actual de crise económica e de altas taxas de desemprego, estas cifras adquiren un especial valor. As razóns desta fortaleza dos programas de emprego atopámolas nas estratexias de convenios de prácticas efectuados con máis de trinta empresas, na acción denominada “visitadores de emprego”, un servizo posto a disposición das empresas, e na intensa actividade de orientación e formación laboral cara a procura de emprego e a adecuación ó mesmo, efectuada dentro do programa municipal. Tódalas alumnos e alumnas participan en estratexias de procura activa de emprego, para o que son adestrados/as en sesións de ata vintecinco horas por dous orientadores laborais, e contan tamén coa colaboración dunha axente de emprego. O nivel de inserción final mídese doce meses despois de ter rematadas as accións formativas. Tamén se realiza un seguimento mes a mes. A duración dos contratos conseguidos oscila entre os tres e os doce meses.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal