Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A GRAN FESTA INFANTIL CIDADE DE NARÓN
A concelleira de Festas, Mar Gómez, animou á cidadanía a asistir a este evento, que contará cun inchable acuático de cincuenta metros de altura, unha tirolina de oitenta e cinco metros de lonxitude, rocódromo e moitas outras propostas que rematarán cunha gran festa da espuma de cores
Narón, 5 de setembro de 2018. O parque do Río Freixeiro acollerá este sábado, día 8, a quinta edición da Gran Festa Infantil Cidade de Narón organizada polo Concello. A concelleira de Festas, Mar Gómez, deu a coñecer hoxe a programación do evento, que terá lugar en horario de mañá e tarde, de 12.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. “Trátase dunha proposta de ocio coa que como viñemos facendo nos últimos anos, despedimos a tempada estival coas nenas e nenos, cunha gran festa previa ao inicio do novo curso e na que tamén haberá xogos nos que poderán participar os maiores”, destacou a concelleira. Un futbolín humán, unha zona para aventureiros, con tirolina de 85 metros de longo e un rocódromo de seis de altura, inchables –un deles motorizado, dous acuáticos e un deslizador acuático xigante de cincuenta metros de altura- forman parte das propostas para esta Gran Festa Infantil. Un obradoiro de pintacaras, unha xincana acuática, espectáculos de maxia e un circuíto de karts completan a oferta para este evento, “pensado para o público familiar e infantil e que ano tras ano se consolida cun gran éxito de acollida entre a cidadanía”, tal e como asegurou Gómez. Entre as 12.00 e as 14.00 horas haberá unha xincana familiar pasada por auga, na que participará o Bombeiro traizoeiro. Pola tarde, a partir das 17.00 será o turno do mago Martín Varela, cun divertido espectáculo de ilusionismo do que poderán desfrutar tódolos asistentes e ao que seguirán a partir das 18.00 horas unhas batallas campais acuáticas e, desde as 19.00 horas a esperada Festa da Espuma de cores. “Ano tras ano incrementamos a oferta de actividades nesta festa, á que animamos a acudir tanto ás veciñas e veciños de Narón como a aqueles doutros concellos que queiran desfrutar dun día de diversión nun dos espazos verdes da nosa cidade”, apuntou.
Descarga de archivos
Cartaz
Tamaño:6,06 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal