Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS DO PADROADO E NA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA
A 10 de setembro poden formalizarse as matrículas no Pazo da Cultura para as Escolas Culturais ou no Rexistro ou Sede Electrónica do Concello para as da Escola de Música Moderna
Narón, 8 de setembro de 2018. O 10 de setembro abre o prazo de matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura. A oferta das Escolas tradicionais, Artísticas, de Formación Actoral e Bailes de salón compleméntase un ano máis coas materias que se poden cursar a través da Escola de Música Moderna da Asociación Cultural Musical Sementeira. Todas as inscricións das deben realizarse no Pazo da Cultura. As Escolas de Danza tradicional, Gaita, Acordeón, Percusión, Canto e pandeireta, Zanfona, Construción de instrumentos, O Recuncho dos pequechos, Debuxo e os Obradoiros de Teatro (infantil, xuvenil e adulto) teñen un prezo de 63,10 euros por curso. Para a modalidade de Bailes de Salón a matrícula é de 31,60 euros (e a cota mensual de 15 euros) e na Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso e o Practicum tamén custan 63,10 euros por curso, se ben segundo e terceiro custan 208 euros cada un. En todas estas opcións as matrículas deben formalizarse ata o vindeiro 5 de outubro nas oficinas do Pazo, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00. O curso comezará a partir do vindeiro 15 de outubro e rematará o 8 de xuño de 2019. A través da Escola de Música da Asociación Cultural Musical Sementeira pódese optar por clases de Música e Movemento, Linguaxe musical, Harmonía e Instrumentos (frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión). As matrículas, en función das materias elixidas, oscilan entre os 10 e os 50 euros ao mes (é obrigatoria a cota de socio, de 25 euros anuais) e deben tramitarse ata o 22 de setembro tamén no Pazo, pero nas oficinas da Asociación Cultural Musical Sementeira, no segundo andar do edificio, de luns a venres entre as 17.00 e as 19.00 horas e os sábados de 11.00 a 13.00. A información ao completo das Escolas Culturais Municipais pode consultarse a través do seguinte enlace: https://www.padroadodecultura.es/gl/escolas-culturais/cultura. A maiores destas propostas ofertadas a través do Padroado da Cultura, tamén o vindeiro luns día 10 –e ata esgotar prazas- abrirá o prazo para inscribirse na Escola de Música Moderna, na Casa da Mocidade ( A Gándara). A Concellería de Mocidade oferta na modalidade de instrumentos clases de guitarra (dous grupos dun máximo de seis prazas cada un); Batería (catro prazas) e Piano (catro prazas), en todos os casos para mozas e mozos de entre 12 e 30 anos empadroados en Narón. As Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade poden solicitalas grupos de música –con alomenos un membro empadroado en Narón- de luns a sábados (nunhas horas determinadas e un máximo de tres horas á semana). A cota é de 8,15 euros por usuario/a ou membro de grupo ao mes e as inscricións poden tramitarse a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica, podendo consultarse toda a información e descargar as instancias a través do enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/Procedimientos.aspx.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal