Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MUÍÑO DE XUVIA SERÁ DE PROPIEDADE MUNICIPAL POR EXPROPIACIÓN
O Concello actualizará o proxecto para transformalo nun lugar público
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, anunciou en rolda de prensa que o Concello foi notificado por escrito de que ten ó dereito a titularidade por expropiación sobre o muíño de Xuvia. Xoán Gato declarou que “este é un día grande para Narón, pois recupera un dos símbolos mais emblemáticos”, e asegurou que dende o Concello farase todo o necesario para recuperar a orixinalidade deste lugar, pero dándolle tamén usos lúdicos. A titularidade recae sobre un chan urbano consolidado de 544 m² dedicado a equipamento público, sobre a edificación: o muíño fariñeiro, a casa de planta baixa, o almacén de planta baixa e o acceso ó muíño, e unha pequena horta con terreo amurallado, e sobre os equipamentos hidráulicos: a presa que atravesa o río, os canais e as dúas comportas de ferro. Os valores son os seguintes: 13.000€ polo chan, 231.000€ pola edificación e 5.900€ polos equipamentos hidráulicos, sumando 250.000€ en total. A este valor hai que sumarlle, según o artigo 47 da Lei de Expropiación Forzosa, un 5% de incremento polo Premio de Afección, ou valor sentimental da propiedade, que neste caso son 12.500€. O Xustiprezo definitivo é de 262.500€. O Concello ten un prazo de 6 meses para ocupar o muíño e pagar a expropiación. Pasados eses 6 meses, devengaranse os intereses correspondentes. O Alcalde afirmou que se non é nos vindeiros presupostos, será o ano que ven cando apareza unha partida para este fin.O valor pode ser recurrido polo antigo propietario, pero non así a titularidade, xa definitivamente municipal. Xoán Gato tamén destacou a importancia de actualizar o proxecto existente para o muíño, onde xa se estipulaba ademais da posta en marcha do aparato de muiñería, a creación dun museo etnográfico, unha aula de cultura e unha oficina de turismo na planta baixa, aproveitando o enclave emblemático do muíño. Asegurou tamén que en 15 ou 20 días o Concello asinará un convenio coa Universidade da Coruña para pedir unha subvención fondos europeos dentro do apartado de Recuperación de Elementos Preindustriais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal