Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 27.000 EUROS Á INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE REGO AUTOMÁTICO NUN TRAMO DO PASEO DE XUVIA
O responsable da área de Servizos, Ibán Santalla, explicou que os traballos, xa iniciados, afectarán a un área de case 24.000 metros cadrados
Narón, 14 de setembro de 2018. Os traballos de instalación dun sistema de rego automático en zonas verdes do paseo marítimo de Xuvia comezaron a executarse esta mesma semana. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que se trata dunha intervención que suporá un investimento de 27.278 euros e ten un prazo de execución de tres meses. “Permitirá mellorar considerablemente unha zona na que o céspede require un mantemento e rego constantes”, recalcou o edil. Esta intervención, tal e como apuntou Santalla, permitirá instalar este servizo nun área de 23.800 metros cadrados. “Trátase dunha zona moi concreta, que se elixiu para esta fase das obras porque é a máis próxima aos colexios, o parque infantil e o biosaudable, a pista polideportiva, o que fai que sexa unha das máis utilizadas para levar a cabo múltiples actividades durante boa parte do ano, xeralmente entre os meses de maio e outubro”, apuntou. O feito de instalar o rego automático nesta zona verde “mellorará considerablemente o estado no que se atopa o céspede e tamén beneficiará as árbores que medran nese tramo do paseo de Xuvia”, recalcou. A maiores das actividades que se programan anualmente no paseo de Xuvia, outro dos factores que influíu no deterioro dese espazo verde da cidade foi a execución das obras dos colectores xerais do saneamento da ría. “Os traballos prolongáronse durante varios meses e afectaron a un tramo moi importante do paseo, donde se realizaron as zanxas necesarias para instalar os tubos do saneamento e iso afectou á zona verde, que aínda arrastra os efectos deses traballos que, por outra parte, eran moi necesarios para a depuración das augas residuais”, asegurou Santalla. A actuación en execución no paseo de Xuvia consiste en levantar e reparar antigas arquetas –a zona conta cunha instalación de rede xeral- e colocar aspersores dun alcance medio de dez metros, para cubrir a totalidade da zona na que se proxectaron estes traballos. As obras completaranse co acondicionamento das áreas afectadas, a reposición de terra e céspede nese tramo e, a maiores, a plantación de vinte e seis árbores de protección da zona máis utilizada. Unha vez rematadas, estas obras permitirán mellorar o paseo de Xuvia, que xunto cos de Freixeiro e A Gándara “constitúen os pulmóns verdes da cidade, uns espazos deseñados para o desfrute das veciñas e veciños de Narón pero tamén para aqueles chegados doutros municipios, nos que se localizan parques infantís, biosaudables, e nalgúns casos como o de Xuvia circuítos vita e pista polideportiva”, destacou Santalla.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal