Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO CONTACONTOS "UN CORAZÓN A FLOR DE PEL"
A cita, dirixida ao público infantil, terá lugar o sábado 22 de setembro na Biblioteca municipal, tal e como indicou a edil responsable da área, Mercedes Taibo
Narón, 18 de setembro de 2018. O contacontos Felipe Díaz, Caxoto, protagonizará o espectáculo infantil Un corazón a flor de pel que terá lugar o vindeiro sábado, día 22, nas instalacións da Biblioteca municipal. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que o prazo de inscrición se abre esta mesma tarde, a partir das 16.00 horas, polo que animou ás persoas interesadas a reservar algunha das 25 prazas dispoñibles a facelo de modo presencial na Biblioteca –desde as 16.00 horas no mostrador da sala de adultos- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións (de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas). A actividade diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos –que teñan o carné da Rede de Bibliotecas- e dará comezo ás 11.00 horas, tal e como indicou a edil naronesa, que explicou que con esta actividade se retoma o Programa Biblioespazo 2018. Caxoto interpretará neste contacontos a un doutor que fará unha particular revisión médica aos asistentes, que se implicarán nesta proposta, cargada de emocións, realizando probas de diagnose dalgunhas doenzas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal